Conclusións do XXIV GALEUSCA
admin | November 9, 2007
Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)
Reunidos nas cidades de Lugo e Mondoñedo, do 1 ao 3 de novembro de 2007, as asociacións de escritores en lingua catalá, éuscara e galega, na celebración da XXIV edición de GALEUSCA
- Constatamos a necesidade de recuperar, analizar e comunicar, os imaxinarios tradicionais, clásicos e contemporáneos propios, e inventar novos imaxinarios para novos tempos.
- Afirmamos que a actual estrutura estatal non é garantía do desenvolvemento das nosas identidades linguisticas e culturais, e esperamos e desexamos que a nova presidencia europea poida ofrecernos un novo marco que teña en conta o recoñecento das nacións e linguas sen Estado, para o que é necesaria a intervención desde o ámbito europeo.
- Preta xa a celebración do 25º aniversario do nacemento de Galeusca, decidimos traballar cara a construcción dunha entidade xurídica común. que nos permita actuar conxuntamente en todas as instancias.
- Reafirmamos a necesidade de creación dun campo de comunicación entre as nosas linguas e literaturas co fin de actuar no ámbito das traducións directas, para o que facilitaremos un espazo que se concretará na utilización de todos os medios e ferramentas disponibeis (edicións en papel, webs, edicións dixitais, etc).
- Na perspectiva dos vinte anos de existencia dunha Lei de Propiedade Intelectual no Estado español constatamos que non teñen producido os avances mínimos desexables no referente á protección dos Dereito de Autor, polo que instamos aos diversos niveis administrativos o seu apoio a estas reivindicacións permanentes do sector
En Lugo, a 3 de novembro de 2007
Temas: Xeral | Non hai comentarios »




